Publicado por: waltinho | Marzo 19, 2008

Axudas a estudantes universitarios para cursos de idiomas en Europa

Imaxe principal do artigo ou noticia

A consellería de Educación convoca axudas dirixidas ao alumnado universitario matriculado nunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia durante o curso 2007/2008 e destinadas a sufragar parte dos gastos ocasionados polo financiamento de viaxes para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Requisitos: Estar matriculado/a no curso 2007/2008 en calquera das universidades de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia.

Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 1 punto. No caso de alumnos de ensinanzas técnicas, a nota obtida polo alumno multiplicarase por un coeficiente corrector de 1,35 puntos.

Cursar estudos regrados de carácter oficial e validez nacional de 1º ciclo, de 1º e 2º ciclo, de 3º ciclo (etapa de formación) ou un programa oficial de posgrao conducente ao título de máster.

Ter superado, no momento de presentación da solicitude, 60 créditos en titulacións de 1º ciclo ou 120 créditos en titulacións de 1º e 2º ciclo, e no caso de 3º ciclo e programas oficiais de posgrao, ter superados os estudos da titulación correspondente que dea acceso a eles.

Realizar un curso de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea, cunha duración mínima de dúas semanas e máxima de doce e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponder co idioma oficial do país elixido.

O prazo para presentar as solicitudes acaba o 15 de abril de 2008.

Máis información no DOG do 14 de marzo de 2008 e en http://www.edu.xunta.es

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: