Dende fai uns meses para aquí levamos oindo falar da crise económica e financieira que atiza o mundo. Os modelos económicos de libre mercado, que realmente nunca existiron, non son quenes de por o control que os seus fanáticos defendían, “…as leis do mercado regularán o mesmo…” O propio mercado só creou buracos bursatis que non levan a ningures, e ditos erros financieiros están sendo remendados polos estados. Curiosa situación, non sí? Eran os grandes capitais os que querían falar dun anarco-capitalismo, é dicir, que o propio mercado sexa o creador de devanditas leis universais, que sexa o liberalismo a bandeira dun mundo que segundo eles poderían levar a verdadeira forma de organizarnos.
Do liberalismo político comezouse a falar polo século XIX, cando comeza tamén a fraguar un novo eixo vertebrador do sistema económico, xusto no mesmo momento que nace o marxismo, por motivos e coiunturas semellantes inda que con idearios contrarios, que levarían no século XX a xa máis que famosa Guerra Fría. O desenvolvemento de teorías non tería máis trascendencia na realidade de non ser por un sistema estatal que amparou que ditos modelos puideran levarse a cabo. Deixando de lado o modelo marxista e centrándonos no capitalista, vemos como foron os gobernos democráticos de Gran Bretaña en Europa e de EEUU en América quenes abandeiraron e botaron a andar o modelo económico que hoxe temos no mundo, este mesmo que parece desfalecer.
Alén das nosas fronteiras Margaret Thatcher, presidenta británica dende 1979 a 1990, foi quen de levar adiente a maior reconversión e abolimento dos estados de benestar (verdadeiros eixos de cohesión do capitalismo e o marxismo). A súa formación académica tradicionalista e cristiana protestante levan a Tatcher a incrementar a adhesión británica a EEUU, deixando de lado os lazos de cohesión europeos que propuseran os presidentes dende Churchill. A CEE, a predecesora da UE, non da crédito e ano tras ano contempla como GB se afasta do camiño de Bruxelas e toma a man de Washington. A ruptura diplomática trascende os lazos económicos e GB négase a adoptala moeda única, xa que a Libra Esterlina é unha moeda moito máis forte que daquelas o futuro euro.
Da mesma forma que a crise económica se pode entender en clave política, democracias estatais que amaparan o capitalismo máis feroz, tamén podemos falar en clave política. Non deixa de ser sorprendente que Max Weber, sociólogo alemán (1864-1920) xa falara por aquel entón do poder da ética protestante na creación do capitalismo, e o paradóxico é que 100 despois inda vemos como os capitais bursátiles seguen sendo defendidos a ultranza por un gremio de fanáticos relixiosos, hoxe temos que añadir a estes protestastes de pro os xudeos americanos, fillos daqueles exiliados do holocausto nazi. Tampouco é despreciable a teoría weberiana hoxe en día, polos mesmos feitos que acobamos de redactar, pero o que é máis trascendente é que en pleno século XXI a relixión sexa parte do fundamentalismo económico, que se ampare e que se protexan a determinadas personalidades que tan só crearon enfrentamentos relixiosos, ver as guerras de Oriente Próximo entre musulmáns, cristianos e xudeos. Outra cuestión que cabe analizar é a extrana relación de matrimonio por conveniencia que viven hoxe en día o xudeismo e o cristiamismo (relixións abrahámicas que se desenvolveron partindo dun mismo fio conductor), que non deixa de ser paradóxico no mesmo momento histórico que os seus pobos viven épocas de bonanzas.
Da misma forma que determiandos contextos políticos crean relacións, tamén se crean enimigos, as veces fanse públicos co fin de que o humano teña claro contra quen ir, alentando por medio dos medios de comunicación controlados e manipulados por un capitalismo feroz, crisitiano e extranamente estatal. O caso é que a vez que nacen ditos amigos e inimigos a sociedade posicionase segundo se sexa máis favorable. Por iste motivo, e voltando o liberalismo tatcheriano, vemos como o intento enfervorecido de patritismo británico tivo efectos contraproducentes. Mentres Londres, Manchester ou Liverpool apoiaban a Thatcher, as terras máis afastadas das grandes urbes comezaban a diabolizarlo, así o moventeno descentralizadoren GB tivo o seu momento álxido nestas datas, e inda que non deixou de crecer os movementos nacionalistas e separatistas en GB foi nesta época dos oitenta cando realmente nace o anti-británico. Escocia, Gales ou Irlanda do Norte (cunha historia que merece ser tratada noutro capítulo) viven hoxe movementos separatistas, e inclusive nunha última enquisa no Reino Unido desvelou qeu un 68% ven con bos ollos que Escocia se independice, a enquisa foi feita por todo o territorio británico o que non deixa de ser un termómetro do memento de madurez política que vive o país angloxasón.
Non olvides que nos teñen controlados, e que só uns poucos deciden o que pasa, os medios son deles, as forzas de producción son deles, o poder democrático é deles, a política é deles, os políticos son parte de eles, pero a crise, a crise é túa.