Publicado por: waltinho | Marzo 13, 2008

OFERTA DE EMPREGO

Traballa como técnico de selección para unha importante firma nacional. As condicións parecen bastante boas. Non parece un posto para comezar, máis ben parece destinado para aqueles que tedes xa unha traxectoria neste campo, no que seguro que terán en conta un master en RR HH. Por outro lado non vos desanimedes se non tedes moita experiencia e mandade o voso cv.

Ler máis

Publicado por: waltinho | Marzo 13, 2008

GRACIAS XAIME

Xaime Subiela é o decano do Colexio de Politólogos e Sociólogos. Este foi un comentario que debeu ser publicado con anterioridade, pero por problemas alleos a SSF non puido ser lido polos nosos visitantes. Aquí vos deixo este comentario…Gracais Xaime!!!

Estimados/as amigos/as de sociólogos sen fronteiras,

Son Xaime Subiela, o novo decano do Colexio de Politólogos e Sociólogos, e estaría moi interesado e gustoso de contactar con vós.

Desde o Colexio abrimos unha nova etapa e queremos darlle outro impulso aos campos da socioloxía e a ciencia política. Estamos desenvolvendo unha estratexia de promoción que pretende implicar ao conxunto das persoas que están relacionadas cos nosos ámbitos de coñecemento e profesional.

Paréceme moi interesante e meritorio o que estades facendo desde esta WEB, e sería moi bon que nos puxeramos en contacto, e viramos as posibilidades de colaborar.

Moitas grazas pola vosa atanción, e agradecer de paso as amigables palabras que sinalades sobre min nun post.

O dito, a ver se nos vemos ou escribimos, creo que colaborando podemos darlle un novo impulso á socioloxía e politoloxía en Galicia.

Un saúdo

Xaime Subiela

Publicado por: waltinho | Marzo 13, 2008

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS XERAIS

Escrutadovotos99,99%

2008 2004
Escaños Votos % vot. Escaños Votos % vot
PSOE 169 11.064.524 43,64 164 11.026.163 42,59
PP 153 10.169.973 40,11 148 9.763.144 37,71
CiU 11 774.317 3,05 10 835.471 3,23
EAJ-PNV 6 303.246 1,20 7 420.980 1,63
ERC 3 296.473 1,17 8 652.196 2,52
IU 2 963.040 3,80 5 1.284.081 4,96
BNG 2 209.042 0,82 2 208.688 0,81
CC-PNC 2 164.255 0,65 3 235.221 0,91
UPyD 1 303.535 1,20 - - -
Na-Bai 1 62.073 0,24 1 61.045 0,24

Aquí presentamos os resultados das eleccións xerais do 2008. Co escrutinio dun 99,99% (faltan os votos dos emigrantes) parece que van a ser prácticamente estes os resultados.  finais.

É importante calificar o dato de participación como moi bo, achegándose o das eleccións do 2004. Parece que a crispación tivo un forte impacto na poboación española. Este caso de baixa abstención e máis a baixada do voto nacionalista foron producto do bipartidismo qeu protagonizaron tanto o PSOE  e PP.

Nafarroa-Bai e BNG repiten resultados, incluso o número de votos é moi similar o mesmo que a porcentaxe de votos (cunha lixeira subida do BNG) O resto de partidos nacionalistas perden forza en Madrid, votos fixeron que tanto en Catalunya como en Euskadi o PSE e o PSC obtiveran prácticamente os mellores resultados da historia en ámbalas comunidades. O menxase catastrofista do PP fixo mella, tendo os segundos mellores resultados das historia do PP, inda que cando un equipo sae a gañar de pouco vale meter moitos tantos se o contrincante consegue máis ca ti. Este foi o caso do PSOE, que aguantou a embestida consservadora, e consolídase no poder, inda que non obtén a ansiada maioría que daría a Zapatero a oportunidade de xestionar por completo o seu programa.

As eleccións tiveron consecuencias directas. Llamazares deixa a presidencia de IU, Zaplana pasa a un segundo plano, deixando o equipo de Rajoy. Núñez Feijoo, Gallardón e liña máis centrista do PP parecen tomar folgos e posicónanse como unha alternativa forte e a ter en conta, sobre todo despois de que as enquisas falen de Gallardón como o mellor revulsivo para a dereita española. Rosa Diez consegue o seu escano que lle permitirá estar no congreso catro anos. ERC volve a realidade da que foi sacada fai catro anos cando o PP lle fixera unha magnífica publicidade, a esquerda catalana non soupo transmitir a necesidade do grupo parlamentario en Madrid, e desgraciadamente para os seus intereses perden cinco deputados, unha baixada histórica no partido republicano.  Por outro lado CIU e PNV, partidos de dereitas nacionalistas parecen deixarse querer polo partido que lle arrebatou escanos, e a política vólvese un pouco tola o xuntarse nacionalistas de dereitas co PSOE. Recurrindo a un famoso slogan de publicidade, nada é imposible nesto da política, e inda que parece pouco problable, é posible que CIU ou PNV volten o poder en Madrid co fin de procurar máis autogoberno nos seus países.

Mentres en Galicia o PPdG parece seguir a baixa, e Touriño e o PSdG a alza, os nacionalistas con Anxo Quintana a cabeza conseguen o que a priori parecía complicada e salvan os dous escanos en Madrid.

Un apunte persoal, Beiras, Rodríguez e Nogueira, entre outros deberon estar na campaña do BNG. Estou convencido que a aparición dos buques insignia do bloque canalizarían máis votos, sobre todo o voto de Esquerda, un camiño que as veces se torna un pouco difuso. Este é o verdadeiro camiño do BNG, a esquerda, a esquerda nacionalista. Foi neste punto da ideoloxía, se se lle pode chamar así, onde os nacionalistas galegos acadaron máis votos.

Publicado por: waltinho | Marzo 13, 2008

DISCULPEN

Dende Sociólogos sen Fronteiras pedimos disculpas pola falta de actualización que a páxina tivo nos últimos meses. Co fin de intentar coller de novo impulso queremos presentar unha serie de melloras no blogue, que espero en breves estén dispoñibles para todos os usuarios que o consideren oportuno.

Dende este portal seguiremos loitando por mellorar o emprego dos licenciados en socioloxía e o que é máis importante, dende o meu punto de vista, mellorando a capacidade do insino na medida do posible, sendo sempre conscientes das nosas limitacións. Agora ben, queremos seguir traballando pola dinamización da UDC, e máis en concreto da Facultade de Socioloxía da Coruña, única facultade de Socioloxía de Galicia, e polo tanto único berce dos sociólogos galegos e da socioloxía galega. Cremos que a importancia desta disciplina non só radica nos problemas diarios que acontecen na nosa sociedade, senón tamén en resolver aqueles que están inmersos nunha incapacidade comunicativa e publicitaria da disciplina como servizo a comunidade.

Por estes motivos continuamos na andanza, seguimos ca ilusión do principio, cando comezamos a carreira, fai xa uns anos. Seguimos cas mesmas gañas de transmitir un futuro estable, para as xeracións futuras, as que lle darán máis sentido a este e outros portais similares, así como asociacións que traballan en prol da mellora da disciplina. Ben é certo que para ofrecerlles un futuro axeitado teremos que abrir novos campos de actuación, copando postos laborais que estaban sendo ocupados por outros técnicos, demostrando sempre a nosa competividade. Así podremos garantir un presente mellor, no que a formación dos nosos futuros sociólogos sexa mellor que a de hoxe, incrementando a capacidade de xestión de recursos dos licenciados máis novos.

Queremos aprobeitar este momento para transmitir o agradecemento a numerosas persoas que nos animaron e nos axudaron a seguir con este proxecto, non queremos deixar a opurtunidade que nos brinda este post sen agradecer a laboura de Rosalia, que dende o primeiro momento nos prestou axuda incondicional (palabra tan de moda).

Para rematar invitarvos a seguir refelxionando en como mellorar o noso futuro, e como mellorar o dos que nos siguen, deixando a un lado a típica competividade laboral para lograr unha maior empatía que nos guíe a todo o colectivo hacia a constante evolución da nosa disciplina

Publicado por: waltinho | Febreiro 18, 2008

POR FIN EN OCIOLOXIA O BARÓMETRO DE XANEIRO

Publicado por: waltinho | Febreiro 18, 2008

BARÓMETRO OUTRUBRO 2007-CIS

Barómetro CIS Octubre 2007

 

Voto directo en la encuesta (en %)

Estimación de voto CIS (en % sobre voto válido)

PSOE

32,5

39,7

PP

22,4

37,4

IU

4,0

5,5

CiU

2,1

3,1

ERC

1,4

2,1

PNV

1,1

1,5

OTROS

3,6

8,3

Votos blancos

3,2

2,4

Abstención

11,6

 

No sabe

13,6

 

No contesta

4,5

 
Publicado por: waltinho | Febreiro 18, 2008

DENDE O 96 O 2004

1996 2000 2004
Partidos Votos – % votos – Diputados Votos – % votos – Diputados Votos – % votos – Diputados
PSOE 9.425.678 37,63% 141 7.918.752 34,16% 125 11.026.163 42,59% 164
PP 9.716.006 38,79% 156 10.321.178 44,52% 183 9.763.144 37,71% 148
CIU 1.151.633 4,6% 16 970.421 4,19% 15 835.471 3,23% 10
ERC 167.641 0,67% 1 194.715 0,84% 1 652.196 2,52% 8
EAJ-PNV 318.951 1,27% 5 353.953 1,53% 7 420.980 1,63% 7
IU-ICV 2.639.774 10,54% 21 1.263.043 5,45% 8 1.284.081 4,96% 5
CC 220.418 0,88% 4 248.261 1,07% 4 235.221 0,91% 3
BNG 220.147 0,88% 2 306.268 1,32% 3 208.688 0,81% 2
<!–

Más resultados

–>

Publicado por: waltinho | Xaneiro 29, 2008

VI CONGRESO PORTUGUÉS DE SOCIOLOXÍA

Prezados/as compañeiros/as:

Do 25 ao 28 de xuño deste ano, na Universidade Nova de Lisboa -Faculdade de Ciências Sociais e Humanas-, terá lugar o VI CONGRESSO PORTUGUÉS DE SOCIOLOXíA (“Mundos Sociais: saberes e práticas”).

Podedes participar tanto como ointes como relatores. No segundo caso, o prazo límite para presentar o resumen provisional da comunicación ao Congreso é o 31 de xaneiro, máximo de 1000 caracteres (en portugués, castelán ou galego).


Para máis información consultar:
http://www.aps.pt


Atentamente,


María Martínez Taboada
Xerente do Colexio de Politólogos/as e Sociólogos/as
Tlf.: 981 55 35 21

Publicado por: waltinho | Xaneiro 27, 2008

MÁIS TRABALLO DE SOCIÓLOGO:

ttp://madrid.oferta.infojobs.net/tecnicos-seleccion-perfiles-it/of-i512579004816347351281540954340

http://madrid.oferta.infojobs.net/beca-rrhh/of-i443303038329036514196632273320

http://madrid.oferta.infojobs.net/tecnico-seleccion/of-i410151123242505855627302334252

http://madrid.oferta.infojobs.net/responsable-marketing-analitico/of-i534321123242505048945802200115

http://barcelona.oferta.infojobs.net/tecnico-senior-investigacion-mercado-cuanti-cuali/of-i909515125613722255135502394101

http://madrid.oferta.infojobs.net/tecnicos-investigacion-mercados/of-i555369152554074048831180865052

http://pontevedra.oferta.infojobs.net/becario/of-i408017382640562211688016600441

http://a-coruna.oferta.infojobs.net/personal-practicas-rrhh/of-i620623243320010561386107432535

Publicado por: waltinho | Xaneiro 27, 2008

TRABALLA COMO ANALISTA OCUPACIONAL

http://pontevedra.oferta.infojobs.net/analista-ocupacional/of-i978110073360683320482265095912

Pareceume unha opción boa, estes soen ser traballos cunha certa estabilidade laboral, é aconsellable atender a este tipo de traballos dende as accións complementarias. Existen posibilidades reais para recén licenciados de traballar neste eido.

« Anotacións máis recentes - Older Posts »

Categorías