Publicado por: waltinho | Xullo 2, 2007

MICRO-SOCIEDADE PÚBLICA

Un día nunha clase de Consumo na facultade, pensei nunha palabra: Micro-Sociedade Pública. Co fin de intentar explicar como a actuación do individuo no consumismo se rixe pola “imitación”, concepto defendido por unha gran maioría dos Sociólogos do Consumo, pensei en falar dunha sociedade que todos conocemos, esta sociedade é unha extrapolación da sociedade real e global, é decir, estamos a falar dunha sociedade que podemos analizar e compara gracias o seu carácter público e non privado, das súas accións e comportamentos consumistas.

Para entendelo concepto de Micro-Sociedade Pública debemos de falar dunha sociedade cunha estructura piramidal, tendo na cúspide a Monarquía, e na parte baixa a famosos de pouca repercusión social. Todos os grupos sociais e as clases que creadas artificialmente teñen un presuposto básico, deben ser persoas cunha vida pública. Eu tomei a televisión como medio de comunicación para crear dita sociedade consumista, pero poderíase facer dende outros alpendres.

Desta maneira encontraríamos na parte baixa da pirámide a persoeiros da talla de Carmen de Mairena, Yola Berrocal, Cañita Brava, etc. Supoño que xa vos dades conta de quen estou a falar. Estes imitan as accións das persoas que teñen xusto por encima na pirámide, e decir, intentan achegarse o seguinte escalón por medio do “consumo de”. Neste caso cando falamos de consumo falamos de aparicións públicas en festas, “programas rosas” ou tertulias distorsionadas.

Xusto encima desta clase social, a máis baixa da miña teoría de consumo, encontraríanse deportistas vidos a menos, periodistas que seguen os persoeiros anteriores, cantantes e actores en tempos de crise ou tamén algún político que perdou o norte. Este clase social, escapa do consumo da clase baixa, e intenta imitar as formas de vida da clase social superior. As actuacións desta clase social son realmente desconcertantes, xa que vivindo gracias os primeiros, nunca se xuntan con eles, intentando arrimarlle o ombreiro os individuos que se encontran xusto por enriba na xerarquía social piramidal. Non lles recorda o típico empresario crecido que explota os peóns e que inda por riba discrimina socialmente tachando de proletariado?

O caso é que este sistema continúa cun grupo moi importante. A clase media. Esta clase é a composta por presentadores, deportistas, actores e actrices, directores, músicos, políticos, etc. Debemos de descartar desta clase as súper estrellas dos deportes, como Fernando Alonso ou Beckham, tamén descartamos a grandes estrellas dos escenarios como Alejandro Sanz e por suposto os “toreros”, estes son representantes indiscutibles do escalón superior. Pero agora falamos da clase media. Esta é a clase na que existe un consumo máis encuberto, sen ostentación, salvo excepcións, pero que o tratarse dunha sociedade pública, difícilmente se poden esconder. O seu modo de consumo é como o da maioría da sociedade global, xa que intentan imitar un modelo de consumo como o da clase superior.

Cando falamos desta clase superios estamos a falar dos nobles feudais actuais. Estes son Jesulín de Ubrique, Ronaldo, Alejandro Sanz,  grandes empresarios públicos, … Moitos dos seus presupostos rozan o inimaxinable, os seu “modus operandi” é copiado e imitado polo escalón inferior, inda que claro, non todos podemos ter un Ferrari novo cada ano, nin un chalet en Ibiza, nin un iate de 50 metros de eslora (eu non é que non o queira, é que faría outras cousas)

Por último a escala social máis alta está reservada para uns cantos que son a cúspide da pirámide, son a familia real,  algún super famoso como Julio Iglesias, a Duquesa de Alba, as Koplovic ou a  Tissen. Cada un dos famosos da escala anterior aspira a codearse con este gremio, que só se relaciona entre el mesmo, é decir, a hermética desta clase social e a nota predominante. Son os directores de multinacionais, de grandes cadeas de empresas, creadores de ideas como Microsoft ou Apple, os dirixentes de corporacións como a General Motors americana, ou os xeques que controlan o petroleo en Arabia.

A imitación no consumo desenrólase neste caso nun clima público, polo qeu podedes pensar rápidamente como se xestiona o consumo na sociedade global. Espero que didactizara o meu exemplo de forma que puidera entenderse.


Deixe unha resposta

Your response:

Categorías