Posted by: waltinho | Abril 9, 2008

ASOCIACIÓN LUSO-GALEGA DE ANTROPOLOXÍA

Grazas a un bo amigo coñecimos esta asociación que emprende numerosos e moi interesantes procesos de investigación social no mundo da antropoloxía. O realmente destacable e a colabouración entre as dúas rexións, o cal ben precedido dunha boa atención por parte da UDC, o devandito portal.

É interesante botarlle un ollo se a nosa disciplina se achega a Antropoloxía. Aprobeitamos entón para mandarlle un saúdo a tódolos antropólogose futuros antropólogos.

Posted by: waltinho | Marzo 27, 2008

PROGRAMA DE BOLSAS

As seguintes bolsas están actualmente abertas. Se estás pensando en continuar os teus estudos no extranxeiro está é unha das mellores opcións.

becas-invest.jpg

-La Caixa oferta 120 becas, as cales se reparten entre Alemaña e Francia (data de inscripción ata o 11 de Abril) EEUU (ata o 30 de Maio) e para GB, Canadá ou China (ata o 13 de Xuño)

-Fundación Caixa Galicia reparte entre 20 e 25 becas, e a data de inscripción estará aberta ata o 31 de marzo.

-Fundaión Barrie de la Maza tamén  ten o prazo aberto de inscripción ata o 31 deste mes. Os destinos son EEUU (10 prazas) UE (20 prazas) e  Asia (2 prazas)

Posted by: waltinho | Marzo 25, 2008

CREA A TÚA PROPIA ENQUISA

Facer unha enquisa é algo inevitable para calquer sociólogo. Pero en moitas ocasións tropezamos con moitos impedimentos, estos parecen incrementarse se a nosa opción é facer unha enquisa por internet ou mesmo ca nosa PDA. O uso das novas tecnoloxías pódenos permitir realizar traballos moi amplos cun relativo baixo custo, por iso dende este por tal de Sociólogos sen Fronteiras estamos na obriga de por en coñecementos dos que nos seguides a creación dun sofrware para a creación de enquisas.

O feito de negar a utilización destas novas tecnoloxías para a realización do noso traballo diario pode ser o fin da disciplina. Adaptarse os novos tempos significa utilizar aquelas ferramentas que nos permitan traballar con maior obxetividade, co feito de dar co mellor análise. Co fin de chegar a mellorar a nosa preparación debemos de ser curiosos e indagar neste eido, que as veces parece que se nos escapa.

Utilizar as enquisas no noso blog ou na nosa web poden axudarnos a introducir estas ferramentas na nosa vida cotiá. Agora ben, precisamos outros métodos para poder realizar os análises pertinentes, pero este xa é outro tema.

Probade a utilizar este software que vos facilitamos neste portal. Calquer aportación qeu fagades a Sociólogos sen Fronteiras será benvido.

Se estás interesado en ver como funciona este sistema de software fai clic aquí.

snap.gif

Posted by: waltinho | Marzo 24, 2008

CURSO DE VERÁN HARVARD 2008

Curso de Verano Harvard 2008

(24/03/2008)

Cento de Investigacións Sociológicas

Cuarto Curso de Verán para Profesores e Investigadores de Socioloxía e Ciencia Política
HARVARD 6 ó 13 de agosto  2008

Aberto o prazo de inscripción do Cuarto curso de verán para profesores e investigadores de Socioloxía e Ciencia Política.

Terá lugar no Real Colexio Complutense na Universidade de Harvard, Cambridge, Massachussets.

Información completa en: www.cis.es

Solicitudes ata o 5 de maio de 2008

CONTACTO:

Servicio de Fomento da Investigación
harvard@cis.es
Centro de Investigaciones Sociolóxicas
Montalbán, 8
28014 Madrid

Posted by: waltinho | Marzo 24, 2008

BOLSA DE TRABALLO.-

Para aqueles que tendes un cv cun nivel alto de inglés, temos a oportunidade de mandar o voso cv as seguintes empresas. Nalgúns casos non é necesaria a experiencia, pero sí ter un nível alto no idioma.

-KPMG Auditoría multinacional, con más de 100.000 profesionales por todo el mundo.

-Reputation Institute Spain S.L. Consultoria

-Ferré Trenzano Marketing Outsourcing Marketing. Necesitan un Analista Junior.-

-Ferré Trenzano Marketing Outsourcing Marketing. Necesitan un analista cuantitativo/cualitativo.-

-Denbolan E.T.T. Técnico de Selección.-

-P.R.L. Ergonomía en Pucela

-Análisis E Investigación.-

-Lidercontrol E.T.T.  Técnico de Selección

-Beca remunerada.- RRHH

-Beca remunerada.- Investigación  de mercados.-

Imaxe principal do artigo ou noticia

A consellería de Educación convoca axudas dirixidas ao alumnado universitario matriculado nunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia durante o curso 2007/2008 e destinadas a sufragar parte dos gastos ocasionados polo financiamento de viaxes para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Requisitos: Estar matriculado/a no curso 2007/2008 en calquera das universidades de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia.

Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 1 punto. No caso de alumnos de ensinanzas técnicas, a nota obtida polo alumno multiplicarase por un coeficiente corrector de 1,35 puntos.

Cursar estudos regrados de carácter oficial e validez nacional de 1º ciclo, de 1º e 2º ciclo, de 3º ciclo (etapa de formación) ou un programa oficial de posgrao conducente ao título de máster.

Ter superado, no momento de presentación da solicitude, 60 créditos en titulacións de 1º ciclo ou 120 créditos en titulacións de 1º e 2º ciclo, e no caso de 3º ciclo e programas oficiais de posgrao, ter superados os estudos da titulación correspondente que dea acceso a eles.

Realizar un curso de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea, cunha duración mínima de dúas semanas e máxima de doce e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponder co idioma oficial do país elixido.

O prazo para presentar as solicitudes acaba o 15 de abril de 2008.

Máis información no DOG do 14 de marzo de 2008 e en www.edu.xunta.es

Celébrase a quinta ediión do Congreso de Metodoloxía de Enquisas. Esta quinta edición, despois de ter pasado por Compostela ou Pamplona, celebrarase en Córdoba nos días 24, 25 e 26 de setembro do 2008, na sede dos Colexios Maiores Universitarios da Universidade de Córdoba, a organización virá da man do Instituto de Estudios Sociais Avanzados (IESA-CSIC)

mezquita3.jpg

Este Congreso bianual pretende por ó día o estado actual da investigación relacionada cas enquisas, tanto nos aspectos referiso a ´sua metodoloxía de elaboración, como as súas aplicacións nas diferentes áreas nas que se utiliza, tales como estadística, socioloxía, ciencias políticas, psicoloxía economía, administración de empresas, investigación de mercados, menciña ou comunicación.

Colabouran neste Congreso a Junta de Andalucía, o CIS, o INE, o Instituto de Estadística de Andalucía, a Universidade de Córdoba e o CSIC

 

 

Posted by: waltinho | Marzo 19, 2008

9M: GALICIA


eduardo-rego.jpgA vitoria clara de Zapatero e o PSOE nas pasadas eleccións xunto ao crecemento (lixeiro) e mantemento dos dous escanos do BNG despexan o horizonte das próximas autonómicas en Galicia e abren unha etapa con grandes posibilidades.

Como foi acontecendo na grande maioría das convocatorias a eleccións xerais - e de forma progresiva, a competencia entre partidos estivo marcada por unha forte polarización bipartidista entre PP e PSOE, ata ao punto, nesta ocasión, de que o resto de forzas políticas parlamentarias sufriron as consecuencias negativas, quizais máis que ningunha outra IU (ademais, enormemente prexudicada polo sistema electoral) Só CIU e BNG resisten. Aínda que a perda de votos e escanos dalgúns partidos non pode atribuírse por completo a este fenómeno, véxase as declaracións de Carod Rovira en La Vanguardia (do día 11), se ten o seu impacto nos resultados.En Galicia (aínda que non só nesta comunidade), en particular, isto reflíctese, polo menos, en dous indicadores: taxas de participación máis altas e mellores resultados do PSOE en eleccións xerais que en eleccións autonómicas.

Nestas eleccións, todo parece indicar (haberá que esperar aos estudios postelectorais para unha análise detallada) que o PSOE agrupou o voto de esquerda no Estado e o PP, a pesar do seu discurso catastrofista e da exclusión de Gallardón en Madrid, obtivo unha importante bolsa de votos de centro (Belén Barreiro, El Pais, 11 de marzo). En Galicia, non obstante, todo parece indicar que o pequeno aumento de voto do PSOE, en relación a 2004, provén de transvasamento do PP. Este partido vén descendendo paulatinamente en Galicia, aínda que consegue manterse como primeira forza. Non obstante, en procesos de eleccións xerais anteriores (dende 1993), incluíndo 2004, o voto que veu recibindo o PSOE, en eleccións xerais, nútrese de importantes bolsas de votantes -nas autonómicas- do BNG.

¿Extrapolar os datos das xerais ás autonómicas?
Aínda que, por dicilo así, todos os procesos electorais (autonómicos, locais, xerais, …) teñen vasos comunicantes entre si, cada un ten a súa propia clave. De aquí que extrapolar os resultados dun proceso a outro mecanicamente induce a erro: o BNG tende a recuperar parte do voto que en eleccións xerais vai ao PSOE. Non cabe dúbida de que a derrota “dóce” de Rajoy -”agre” en Galicia- e a vitoria de Zapatero, que volverá repetir como Presidente de Goberno, facilitará un triunfo en Galicia de Touriño e o PSdeG pero o BNG está, tamén, en condicións de competir porque se fixo necesario en Madrid. Zapatero non está en situación para perder de vista ao BNG. En certo sentido a vantaxe de Touriño ao contar cun Presidente de Goberno do seu propio partido, parcialmente, vese neutralizada polos dous deputados en Cortes do BNG.

Sen perder de vista o PP, a hipotética crise a nivel estatal manterase oculta polo empeño de Rajoy de continuar, presentándose como candidato no próximo Congreso de xuño, amortecerá a crise do PPdeG. A vantaxe do bipartito (PSdeG e BNG) para as próximas eleccións autonómicas é clara, pero non só dependerá destes factores, senón da súa propia política e xestión de goberno, da súa capacidade, e da percepción dos cidadáns sobre as realizacións deste goberno. E queda pouco máis dun ano.

(Eduardo Rego, profesor titular da UDC na facultade de Socioloxía. Fonte Vieiros)

Posted by: waltinho | Marzo 15, 2008

OPEA

Para más información Clic aquí

Posted by: waltinho | Marzo 15, 2008

TRABALLA EN NEW IORQUE, GENEBRA OU SANTIAGO DE CHILE

Tres magníficas posibilidades qeu rematan moi pronto. Non dubidedes en optar a estas magníficas opcións de continuar traballando fóra, aprendendo un idioma, e formándote nas mellores facultades e universidades do mundo. Preme aquí.

Older Posts »

Categories